Pois si, xa é oficial o que xa nos imaxinabamos; que polo menos temos aínda por riba tres semanas máis de illamento preventivo. Din que mais de 14 días en illamento social pode ter consecuencias emocionais severas. Ten sentido se pensamos en todo o que se está vendo por ahí: un home que pediu a policía que o detiveran porque estaba farto de estar coa súa nai na casa, os ximnasios clandestinos a porta pechada, as reunións en terrazas…etc. ¿Falta de información? Non creo. ¿Falta de conciencia social?¿ou falta de preparación emocional?
A Administracion de Recursos e Servizos de Saúde de EE UU advirte que a soidade pode ser tan perxudicial para a saúde como fumar 15 cigarrillos ó día. Os sentimentos de illamento e soidade poden aumentar a probabilidade de depresión, presión arterial alta e enfermidades cardíacas. Por iso é importante coidar os sentimentos e os pensamentos para evitar que a sensación de temor, incertidume e ansiedade nos afecte.
Tamén está a postura contraria: O terror. A incertidume xa está moi extendida con esta alerta sanitaria e se experimentan “reaccións emocionais e conductuais» inesperadas porque as persoas quedan abocadas a unha situación de «non saber que vai pasar» e que cambia día a día. O noso estado de ánimo pode cambiar, haberá días que experimentemos sensacións de melancolía ou de ansiedade, angustia ou indefensión. Trátase dunha total falta de control sobre o que está a ocorrer: “Faga o que faga non podo cambiar o resultado do que está a suceder” e é ahí cando chega o temor. Pero o temor sempre vai estar presente, o precisamos para seguir limitándonos, para darlle un sentido e propósito a todo isto.
Din que en China houbo 4000 divorcios tras a cuarentena. A inestabilidade financieira non axuda. Non quere dicir que a cuarentena vaia empeorar as nosas relacións, só é unha especie de catalizador. Un gran hermano no cal os sentimentos estarán a flor de pel nalguns días. Isto simplemente nos recorda que as relacións son delicadas, por iso hai que coidalas, escoitar… xestionar as relacións é unha tarefa importante de cada día, non é doado e o confinamento vainos permitir comprobalo.
E que pasa coas crianzas? Isto tamén lles pode afectar a eles, os adultos polo menos temos a oportunidade de baixar a rúa a mercar; facendo unha cola de metro en metro, poñer uns guantes e pasear polo supermercado de Silent hill vixiando que non se achegue ningún zombie a pegarche o coronavirus, pero as crianzas están sempre na casa. Poden avivarse os conflictos entre irmáns, as rabechas, a ansiedade e os medos… Se ben é certo que nestas alturas do illamento parecen experimentar unha especie de búsqueda de novos límites, ás veces saltándose as rutinas que non lle gusten e tentando ampliar as que si, negociando propostas ou buscando extender tempos de xogo e pantallas. Quen non? Para aplacar os nervos pensade que as crianzas; sempre que non pasaran por traumas graves, teñen unha gran capacidade de adaptación. A súa emocionabilidade depende na súa maioría de como se atopen os maiores de referencia, dos que aprenden a regular as súas emocións. Isto implica chequearnos a nós mesmos:
¿Quén son eu en cuarentena, cando non traballo, cando non organizo a semana e as actividades? Porque agora xa non me queda nada diso, me xenera ansiedade, soidade, medo? Este é un bo momento para ver a “tendencia mental” de cada quen: Os hipocondríacos que notan síntomas todo o tempo, os obsesivos que se esconden tras algún hábito compulsivo de supervisión, limpeza ou vixianza, os paranoides que fantasexan con que todo é unha conspiración para matarnos e establecer unha guerra química…etc. Depende de cómo o enfoquemos, así o recibirán as crianzas, se nos enfocamos na seguridade pero de forma tranquila, sen ansiedade e o plantexamos coma un reto, algo que tamén ten algún apecto positivo no cal as crianzas teñen un papel importante para colaborar… eles e elas tamén o verán así. Recordade que sodes o espello no cal se miran.
Algunhas recomendación para paliar os síntomas e problemáticas do illamento prolongado:
- Escoitar e coidar as túas relacións: Preguntar que necesitan e como se sinten. Deixar espazo, respectar os tempos.
- Coida os teus pensamentos. Coidado coas anticipacións negativas: Ás veces adoitamos poñernos no peor porque así pensamos que poderemos prever o que vai suceder. Contra o virus esta estratexia non é boa, xa que non sabemos o que vai pasar, pero si podemos facer o mellor coa información que temos, debemos vivir o momento presente.
- Evita a sobreinformación e non compartas noticias non contrastadas ou que infunden temor.
- Regula a ansiedade: Permanece atento/a se sentes ansiedade ou pánico e emprega a “descentralización” concentrándote nunha actividade mecánica. Como por exemplo beber nove sorbos de auga e contalos, respirar, etc.
- Tede contacto frecuente coa familia e amigos por vía telemática. Non podemos ver os avós pero é unha ocasión para facerlles un video ou unha carta, un debuxo, etc.
- Adaptación: É importante entender as emocións que nos xenera a situación e normalizalas. A necesidade de organizar a rutina co novo escenario poder xenerar discusións familiares. Ter en conta que é normal esas emocións e verbalizalo.
- Rutinas e tarefas pendentes: cando se van a realizar as tarefas escolares e o tempo en familia? Se recomenda respectar horarios de comidas, aseo e sono combinado con algo de exercicio físico, para non caer no sedentarismo, algo que afecta directamente ós sentimientos de illamento e soidade, pero sen obsesionarse. É normal que non fagamos todo o que tiñamos en mente e ter en conta que non todas as persoas e as familias son igual de organizadas.
- Espazos privados: Asumir a importancia de que cada membro teña un espazo para desconectar, para refuxiarse cando se sinta nervioso ou irritado, ou simplemente queira estar só.
- Ollo coa tecnoloxía: En China aumentou a descarga de apps de xogos durante a cuarentena. É normal pasar tempo xogando pero quizáis debamos reflexionar se estamos pasando demasiado tempo ó día visualizando redes ou videoxogos, xa que despois teremos a sensación de que perdemos o tempo.
- Respectar espazos comúns: Fixar acordos para o emprego dos espazos comúns para evitar conflictos.
- Darlle ás crianzas a mensaxe de que todo isto tamén ten unha misión positiva na cal poden participar: a solidariedade, o tempo compartido, a disminución da contaminación…
Recordade que ter un propósito nos da un sentido e, se ben non nos devolve o malestar, fai que poidamos levalo mellor, a nosa angustia pode cobrar un sentido maior.
Atopei unha páxina de blogue onde un rapaz de 8 anos e a súa nai levan un diario durante a cuarentena. É moi interesante como o rapaz sinala a necesidade de formar parte das cousas que nos pasan aos adultos, xa que o perciben, o sinten. Ademáis da importancia de ver a parte positiva e de poñer o seu graíño de area. Deixovos abaixo uns fragmentos do seu blogue:
“Podemos entender que vuestra rutina ha cambiado sin que lo pidierais, que tenéis miedo, que no tenéis muy claro que tenéis que hacer ni cómo acabará todo esto pero…nosotros esto lo estamos viviendo con más normalidad que vosotros.
Darnos unos lápices, juegos de mesa, enseñarnos a cocinar algún plato, recojamos juntos el cuarto, dejarnos jugar un ratito a la consola, comamos juntos y compartamos tiempo de calidad (ese que siempre os quejáis que no tenéis), leamos, bailemos en el salón de casa… Y veréis que no es tan difícil.
Explicarnos qué pasa, cómo os sentís, hablemos de ello. Pero no escondáis vuestro temor en nosotros. Estamos juntos en esto. Dejarnos ayudaros.”
No tengo ni idea, pero durante el mes de febrero en China se ha reducido el 25% de las emisiones de CO2 y los canales de Venecia lucen agua transparente.
Mares limpios, plantas, árboles y flores creciendo sanos, aire no contaminado, más peces que ya no se tragan plásticos, vacas alimentándose de campos sin pesticidas … ¿os imagináis?
¿Qué volvemos a ser amigos de la Tierra? Pues estoy pensando en la de gente que dejará de ponerse enferma.”
B, 8 años.
Por último, consumide material sempre contrastado e de calidade, que serva para imaxinar, para crear, para soñar, para sentirse que forman parte dunha loita polo ben común.
Contos sobre Covid-19:
https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa
https://runrun.es/rr-es-plus/401729/covid-19-como-explicarselo-a-los-mas-pequenos/
Video Monstro de Cores Covid-19
https://www.youtube.com/watch?v=X0AIZPHKwA4&t=2s
Sen máis, dende o meu confinamento particular, deséxovos sempre un illamento feliz, cálido e tranquilo na medida do posible. Bicos e aloumiños antivirais e a metro e medio de distancia.
Virginia Castro Crespo